Os días 4 e 5 de febreiro, terá lugar a IV Festa Exposición da Camelia, que a partires deste ano vaise celebrar tódolos anos a primeira fin de semán de febreiro.
Facela como ata o de agora, os anos en que a Exposición Internacional non se celebraba en Vilagarcía, levaba a que os expositores de toda Galicia non tiveran en conta a Exposición de Rubiáns á hora de programar os eventos ós que acudir.
Por iso, nunha reunión celebrada en novembro en Turgalicia, tomámo-la decisión de facela anual, e a principios de febreiro para non coincidir con outras exposicións de renome.
