A Asociación de Veciños como en anos anteriores, vai celebrar o entroido. O faremos mediante unha cea-baile que terá lugar no Centro Cultural o sábado día 18 de febreiro.
A cea será a base de laconada, viño tinto do país, orellas, filloas e café, e o precio será sumamente reducido: 6 € por persoa. Un precio tan reducido só é posible se a preparación da cea, como neste caso, corre a cargo das mulleres da Xunta Directiva, que o fan de xeito total e absolutamente desinteresado.
Os días 4 e 5 de febreiro, terá lugar a IV Festa Exposición da Camelia, que a partires deste ano vaise celebrar tódolos anos a primeira fin de semán de febreiro.
Facela como ata o de agora, os anos en que a Exposición Internacional non se celebraba en Vilagarcía, levaba a que os expositores de toda Galicia non tiveran en conta a Exposición de Rubiáns á hora de programar os eventos ós que acudir.
Por iso, nunha reunión celebrada en novembro en Turgalicia, tomámo-la decisión de facela anual, e a principios de febreiro para non coincidir con outras exposicións de renome.
La asociación de vecinos O Souto, de Rubiáns, consolida su Festa da Camelia mediante la coordinación del evento con el resto de los certámenes de Galicia, por lo que se ha fijado su celebración de carácter anual y en el segundo fin de semana de febrero. La fecha ha sido coordinada con Turgalicia con el fin de que no coincida con ninguna otra muestra de similares características en su entorno. De este modo la parroquia vilagarciana de Rubiáns entra de forma oficial en el circuito de fiestas dedicadas a la exaltación de la flor considerada el símbolo de las Rías Baixas. Este año la exposición de O Souto será los días 10 y 11 de febrero.
