Asociación Vecinal O Souto. Rubians

Baile Galego

por  Rubians.org
Vota este articulo
(2 votos)

No pasado mes de agosto, a Asociación considerou que o Grupo Folclórico “O Souto” precisaba dun cambio na súa dirección. Logo de varios intentos de buscar a persoa idónea, tivemo-la sorte de dar con Xurxo, cofundador e actual presidente da Asociación Cultural “Nós” de Sobradelo, na que dirixe o seu Grupo Folclórico.

E unha persoa de profundos coñecementos e de recoñecida capacidade no mundo do folclore tradicional, e que aportou os seus coñecementos e dinamismo ó noso grupo.

Os resultados están ahí: De apenas unha ducia de nenas e algún neno, pasamos a ter unha agrupación de 42 integrantes, con idades comprendidas entre os 6 e os cincuenta e tantos anos. Pasamos de ter dous pequenos grupos de baile, a ter grupos de baile, de canto, de pandereteiras, e de gaitas.

Se as cifras son importantes, mais o é a calidade do que fan. Comenzando pola renovación do vestiario, na percura dun vestiario tradicional, como eran os traxes de fai cen anos, fuxindo de traxes modernos con cores que nunca estiveron presentes no folclore galego. Seguindo polo aprendizaje dos puntos nos que se baseou sempre o floclore tradicional.Esta semán imos solicitar a inclusión do grupo no Plan Cultural da Deputación, dentro da categoría A, na que están os grupos de mais de 30 integrantes, que teñen grupo de gaitas, e que fan labor de investigación dentro do folclore tradicional. Para eso, o pasado sábado reuníuse todo o grupo no Centro Cultural, ó obxecto de vestirse con traxes prestados, conseguidos por Xurxo, o Director do grupo, para facer a fotografía que temos presentar na Deputación xunto coa documentación eisixida para solicitar a inclusión no Plan Cultural.

Sentímonos especialmente satisfeitos ó ver integrados no grupo a rapaces adolescentes, que pola súa idade non é fácil que accedan a formar parte dun grupo folclórico.

Pero o que mais nos enche de orgullo, e saber que dentro duns meses Rubiáns vai ter un grupo coa calidade suficiente para actuar en calqueira lugar.

Pero consideramos que temos que seguir crecendo, polo que invitamos a tódolos nenos, nenas, mozos e mozas a integrarse no grupo, especialmente a tódolos que saiban tocar gaita, tamboril, tambor, ou que sen saber tocar teñan interese por aprender.

Informacion adicional

  • ¿Queres Aprender?: Se queres apuntarte a esta actividade, aquí dispos dos horarios e o teléfono de contacto.
  • Dia da Actividade: Tódolos Venres
  • Horario: 19:15 a 22:15 horas.
  • Contacto: Olga
  • Teléfono: 679 77 69 30
Rubians.org

Rubians.org

Asociación Vecinal de Rubians "O Souto"

Sitio web: www.rubians.org

Dejar comentario

Asegúrese de introducir la información obligatoria (*)

Estas aqui: Baile Gallego